Aviso Legal

Paraíso Baixo Miño (en adiante PBM) é un blog que nace tras o crecemento da nosa páxina de Facebook, que naceu no 2018. Co avance das tecnoloxías e distintas Redes Sociais pouco a pouco ímos adpatándonos a este mundo dixital.

Tódalas fotografías son propiedade de PBM e son de libre uso sempre que se cite ao autor, xa que non son pasadas por ningún tipo de editor gráfico nin se lle aplican filtros, polo que as mesmas aparecen sen ningún tipo de marca de auga, a excepción das primeiras fotos que levan o nome de "Paraíso Caldelas", que foi o nome orixinal da nosa huella dixital.

Podes compartir a túas fotografías enviándoas ao noso correo paraisobaixominho@gmail.com ou etiquetándoas nos nosos perfiles nas RRSS. No momento da súa publicación nos nosos espacios sempre se conservarán os créditos do seu autor.

Moitas grazas por visitarnos.