Desconexión na natureza


A nosa amiga e seguidora Sara Carrera, amante da natureza sae tódolos días a camiñar. 

Gústalle desconectar do ruido dos coches e perderse pola natureza. 

A conexión coa natureza é a mellor medicina que temos; o cheiro das flores, o son das árbores saudando coas follas das súas ramas ao paso dos camiñantes, o cantar dos páxaros, o fluir das cristalinas augas... 

Sara é unha privilexiada por vivir nun paraíso como é O Rosal, e nas súas andainas captura fotos tan maravillosas coma esta que nos amosa para presumir orgullosa das súas raíces rosaleiras. 

Grazas, moitas grazas por ser unha boa anfitriona e difundir a beleza da túa Terra

No hay comentarios:

Publicar un comentario